Sunday 05 de May de 2024

O Concello de Brión abre o prazo de inscrición na Viaxe da Mocidade, que terá como destino Torremolinos do 24 ao 30 de xullo


O Concello de Brión abre o prazo de inscrición na Viaxe da Mocidade 2017, que terá lugar do 24 ao 30 de xullo. O destino escollido este ano é Torremolinos, localidade ata a que poderán viaxar ata un máximo de 50 veciños e veciñas de Brión de entre 18 e 35 anos de idade.

A inscrición permanecerá aberta ata o mércores 31 de maio no teléfono 981 50 99 69. As prazas asignaranse por rigorosa orde de anotación, con preferencia para os mozos/as de Brión. O custe da viaxe é de 220 euros, prezo que inclúe os desprazamentos en autobús e a estancia no albergue en réxime de media pensión (almorzo e cea), así como as distintas visitas que se organicen pola contorna da cidade malagueña.